c'mmonsbaby!
c'mmons baby! é unha produción do ictioscópio para ego99. Música baixo licenzas copyleft, deitada en casulas de 25-30 min.
Actualizado en: 12, octubre 2008

ictioscopio - fabuloseando@gmail.com
http://commonsbaby.blogspot.com/
   Como suscribirse a este podcast ?   

C'mmons baby!#17 (homes e planetas)
ictioscopio
  12, octubre 2008 - 21:23 - 26 MBytes (download)

commonsbaby16 (mahalab)
Despois da pausa de verán e as mudanzas de moradas... Retomamos o fío da emisión anterior e viaxamos até Brasil para escoitar a Mombojó que Jamila Maia, cantante dos Mahalab, nos descubría daquela. Tamén lles damos folgos a Boy Elliot & The Plastic Bags na súa aventura planetaria no Festival Liet-Lavlut de linguas minorizadas. Achegamos os últimos lanzamentos de A Regueifa e de Error! Lo-fi: Zora Gabbara e Be Brave Benjamin. Máis un disco invisíbel e outro neonescente, e os resultados da votación para a camisola de C'mmons baby! Enlaces relacionados: Boy Elliott & The Plastic Bags no myspace; A Regueifa Plataforma; Zora Gabbara no myspace; Be Brave Benjamin no myspace; Error! Lo-fi; La Ventana Pop fala de Las Buenas Noches; Neonbelle no myspace, The Very Sexuals, Pien Feith.
 
C'mmons baby!#16 (mahalab)
ictioscopio
  31, julio 2008 - 05:23 - 37 MBytes (download)

commonsbaby16 (mahalab)
Hoxe C'mmons baby! torna internacional cunha entrevista alén mar; viaxamos até Brasil para falar con Jamila Maia, cantante dos Mahalab (São Paulo), que lanzaran hai pouco o seu terceiro disco sob licenzas creative commons na jamendo.com. Unha conversa muito gostosa, onde descubrimos que se cadra a música pode transformar o mundo.
  • Mahalab. Solar
  • Mahalab. Portas
  • Mahalab. Salam
E despedimos C'mmons baby! até setembro, pasai un verán legal! Enlaces relacionados: Mahalab no myspace, na jamendo.com, entrevista en Música Livre na Webrádio; Mombojó; The Wavers na jamendo.com
 
Sorteo do concurso Kara.o.ke!
ictioscopio
  24, julio 2008 - 20:18 - 3 MBytes (download)

Saúdos!

O gañador do concurso Kara-o-ke foi.... trrrrrr trrrrr trrrrr Opaco!! Parabéns ao gañadorrr!!!

Graciñas mil a Carlos e a Fran por ter participado tamén no concurso e desculpaime pola tardanza en facer o sorteo. E obrigado a centos e moreas tamén a Carlos Valcárcel pola súa amabilidade, cedernos o cd e asinalo con tanto agarimo.

Subo o vídeo do sorteo para que se vexa que foi "sen trampa nin cartón" :)

Beixos e apertas para todos!!

 
C'mmons baby!#15 (santos, mortes e resurreccións)
ictioscopio
  29, junio 2008 - 23:32 - 22 MBytes (download)

commonsbaby15 (santos mortes e resurrecions)
Despois da estensa entrevista a Projecto Mourente e a pausa radioceánica, regresamos con noticias e máis músicas interesantes.
Despedimos ao netlabel Holy Rook, que deixa a súa actividade; dámos a benvida ao regreso activo de Error! lo-fi e a súa nova web con lonxa en liña; descubrimos unha enérxica banda de reggae-ska do norte de Italia grazas ao novo compilado de NetBloc; o fío lévanos até Cascais desfrutar de b (fachada) e o seu pop erudito; e recuperamos unha faixa muito fixe dunha banda de Philadelphia xa desaparecida, os Rifle Nice.
Non esquezades que ainda está en marcha o concurso de Kara.o.ke.

Enlaces relacionados: Holy Rook, Carmen Burguess, Tomás Nochteff; Green.Means.Love no myspace, Error! lo-fi; Men in route no jamendo.com, NetBloc; Merzbau; Rifle Nice no myspace, Jody Hamilton.

NOTA: Ando apirolado, e onde dixen NetBloc, quería dicir BlocSonic.

 
c'mmons baby!#14 (projecto mourente - kara.o.ke)
ictioscopio
  13, junio 2008 - 00:30 - 64 MBytes (download)

commonsbaby12 (demos e sementes)
Con algún día de atraso traemos unha estensa e interesante entrevista con Carlos Valcárcel, alma nai de Projecto Mourente, que hai poucas semanas lanzou o seu segundo disco: Kara.o.ke. Maravillosa conversa de case de dúas horas, que resumimos á metade con cancións engadidas, para descubrirmos algúns dos segredos da produción deste agardado lanzamento e algunhas curiosidades e revelacións deste grande artista amador.

brimos tamén un concurso!! Sorteamos un cd de Kara.o.ke asinado polo propio Carlos Valcárcel entre todos os que respondan correctamente á pregunta: Que é e onde está Mourente?

(e para que vexades que somos bos, imos axudarvos cunha pista, que podedes atopar aquí.)
Desculpai o ruido de fondo que metían uns alumnos que preparaban un traballo deixado para última hora nas mesas do lado. Outras veces que pasamos por El nido del cuco non había tanto balbordo. Agardamos ter mellor son noutras entrevista.

  • Projecto Mourente. Demasiado Popi
  • Projecto Mourente. Controla-te
  • Projecto Mourente. Cobro em B
  • Projecto Mourente. Vamos queimar París
Enlaces relacionados: Projento Mourente; A Regueifa.
 
c'mmons baby!#13 (demos e sementes)
ictioscopio
  26, mayo 2008 - 22:49 - 22 MBytes (download)

commonsbaby12 (demos e sementes)
Regresamos despois da nosa viaxe por Arxentina endemoniados cun novo disco libre dos Nine Inch Nails; descubrimos aos portugueses Les Triple, presentamos o terceiro disco de Mahalab, un trio de São Paulo que buscar curar o mundo coa música; traemos un novo netlabel especializado no jazz e a súa primeira referencia: Surpriscording do saxofonista Hugo Droopy Contini.e despedimonos cunha banda belga, Papa Dada, que topamos grazas ao podcast Eclectia.
Enlaces relacionados: Portugual Underground; Raw Bounce Records; Jamendo.com; Eclectia.
 
C'mmons baby! #12 (Argentina, Argentina!)
ictioscopio
  11, mayo 2008 - 21:36 - 26 MBytes (download)

commonsbaby11 (argentina, argentina)
Estamos de volta!
Despois da estrea en Radio Oceánica (obrigado Sak) regresamos para viaxar, desta vez si, até a Arxentina. Primeira achega especial a un país cheo de músicas diversas e mergullado tamén no conflito do cánon dixital. Deitamos pistas que vos servirán para iniciarvos nos hetereoxéneos camiños da música baixo licenzas abertas na terra berce do tango.
Enlaces relacionados: Zona Indie, escolma Canciones Pegajosas; PlanetaX; Lastrax no myspace; NullRepublik; Argentinafolclore.com; o blog de Mister America.
 
c'mmons baby! #11 (nincompoopeando)
ictioscopio
  20, abril 2008 - 15:06 - 21 MBytes (download)

cmmonsbaby11 (nincompoopeando)
Queriamos ter viaxado hoxe até a Arxentina, mas non chegaron en tempo as reservas. Por tanto, imos improvisar un c'mmons baby! con cancións para namorar, escachar, aspirar, sentir, beber e nincompoopear.
Enlaces relacionados: Lüdmilä no myspace; Another Record; HolyRook; dpop.es; Fresh Body Shop no last.fm, no jamendo.com; Grandes Éxitos de Novedades Carminha; A Regueifa; Josh Woodward no last.fm.
 
c'mmons baby! #10 (luns e aluados)
ictioscopio
  9, abril 2008 - 01:29 - 28 MBytes (download)

luns e aluados

Os luns adoitan ser días treboentos e fodidos, comeza a semana e hai que traballar... A lúa alúa e fainos tolear, mais tamén é certo que preto da tolemia é onde se acha a inspiración. Sube ao noso foguete espacial, despegamos!

Dicimos bachibozuk e jamacuco por causa dun xeito de meme podcasteiro lanzado por Dani Aragay que nos pasaron os rapaces de Sounds OK, e nós despexamos de puños cara emilcar, porque dixo que a promo que lle gravamos para Pataca minuta era espantosa. Os palabrejos que terá el que dicir son: viva e pataca.

Enlaces relacionados: International Songwriting Competition, greed recordings, Josh woodward no last.fm, blocSonic, trastienda.org.

 
c'mmons baby! #09 (in memoriam John Balan + novidades galegas)
ictioscopio
  30, marzo 2008 - 20:26 - 29 MBytes (download)

in memoriam john balan e novidades galegas

Con atraso, por causa de problemas de saúde (nada grave), chegamos cun c’mmons baby! especial dedicado ao recentemente falecido home-orquestra John Balan e ás novidades do panorama musical libre galego. É tamén máis longo do común, aínda que andamos cismando en facelo desta nova duración próxima aos 30 minutos para ter máis tempo para a música. Desculpai a voz algo tomada e tristeira, cousa do catarro.

Damos aviso do chamado que fan Fuzquenlla e Esquíos aos grupos galegos autoeditados para asociarse e facer forza común á marxe dos circuítos comerciais e a SGAE.

Falamos do novo disco d’Os Chiquilicuatres distribuido nun pendrive, e do resultado do certame A Coruña Son ’08.

Queremos aproveitar para lembrar que temos abertas as portas aos artistas que publiquen baixo licenzas libres para axudalos, no que poidamos, a espallar a súa música; quen queira contactar con nós pode facelo en ictioscopio[arroba]gmail[ponto]com ou deixando un comentario no blog.

Pequeno abrazo tamén, e agarimo, para a amiga Lourixe, que perdeu días atrás ao seu pai ...abraços e beijinhos e carinhos sem ter fim.

  • Dandy Fever. John Balan
  • Dandy Fever. Baila ska
  • Esquíos. Un tipo normal
  • Os Chiquilicuatres. Tres tragos
  • Détour. Violoncello
  • Novedades Carminha. John Balan song

Enlaces relacionados: Dandy Fever, no myspace; Gzcrea; Esquíos; Fuzquenlla; Komunikando.net; Os Chiquilicuatres; Détour; Novedades Carminha, no myspace; A Coruña Son; John Balan, no youtube.

 
c'mmons baby! #08
ictioscopio
  9, marzo 2008 - 12:21 - 33 MBytes (download)

angil syncfilmico sortie guys  from the caravan

Despois dos especiais regueifeiros, retomamos o fío e a nosa frecuencia cotiá de saír cada quince días.

Foron días estes de moito movemento na música licenciada baixo copyleft, falamos o mínimo necesario para contar o máis sobranceiro. Agradecemos ao selo Unique Records da Franza a súa amabilidade e bo trato e falamos da súa iniciativa de agasallar cun compilado CD + DVD conmemorativo dos seus 5 anos de traballo pola compra dalgún dos seus paquetes en promoción. Tamén viaxamos até Arxentina para presentarvos dous dos máis recentes lanzamentos dese país tan achegado a nós. Despois, retornamos á península, ao irmán Portugal, para presentarvos unha faixa muito fixe que nos traen os mozos da caravana, dous lisboetas que cantan en inglés.

Non esquezades ir votar!

  • Angil & Hidd#ntracks. In Purdah
  • Sync Filmico. Mercurio
  • Sortie. Nada Bien
  • The Guys from the Caravan. The guy from the caravan

Enlaces relacionados: Angil & The Hidd#ntracks, no myspace, oulipo; (we are) Unique Records; Sync Filmico, no purevolume, no myspace, o seu blog; Zona Indie; Canciones Pegajosas; Sortie, no purevolume, no myspace; The guys from the caravan, no myspace; Rasarte, o seu podcast; Rascunho; NIN.

 
c'mmons baby! #07b (A Regueifa Plataforma)
ictioscopio
  2, marzo 2008 - 19:05 - 35 MBytes (download)

Berlin, Maria Lado, David Rubin, A RegueifaEis a continuación da entrevista feita a Noel Feáns nos días pasados. Nesta segunda parte falamos tamén do caixón non-musical da Regueifa; de Fanny e Alexander, o dúo musical que Noel desenvolve xunto con Efi Arias; e da revista en liña Sono-Tone. Acompañan a conversa cancións dos últimos lanzamentos do netlabel, Vale Tudo e Ataque Escampe, un tema do segundo disco de Fanny e Alexander e rematamos cos brasileiros Luisa Mandou um beijo.

  • Vale Tudo. La Maleza
  • Ataque Escampe. Akira Toriyama
  • Fanny e Alexander. Cando eu era mozo
  • Luisa mandou um beijo. Amarelinha.

Enlaces relacionados: A Regueifa; Sono-Tone; Vale Tudo; Ataque Escampe, no myspace; Fanny e Alexander, no myspace; Luisa mandou um beijo, no myspace; The Homens; María Lado; David Rubín.

 
c'mmons baby! #07a (A Regueifa Plataforma)
ictioscopio
  24, febrero 2008 - 17:01 - 30 MBytes (download)

A Regueifa Estreamos nova xeira en c’mmons baby! (emitindo xa en galego) coa primeira parte da entrevista que lle fixemos hai uns días a Noel Feáns, rexedor de A Regueifa Plataforma, netlabel sobranceiro da escea musical galega, e algo máis. A conversa, gravada no pub Bolengo Pop, de case unha hora dividímola en dúas partes para facelo máis ameno; a segunda parte chegará na vindeira fin de semana. Estas dúas emisións van ser algo máis extensas dos 20-25 minutos que adoita durar c’mmons baby! e a calidade da gravación non é moi alá, mas consideramos que con todo paga a pena a entrevista. A música póñena dous dos últimos lanzamentos da Regueifa e un dos seus grandes descubrimentos.

  • Capitán Furilo. Beat
  • Quant. Dollars in her eyes
  • Projecto Mourente. Que me enterrem na discoteca

Enlaces relacionados: A Regueifa Plataforma; Capitán Furilo; Quant, no myspace; Projecto Mourente, no myspace; ouvirmos; Café-Pub Bolengo Pop.

 
c'mmons baby! #06 (les dangers du rock'n roll)
ictioscopio
  10, febrero 2008 - 19:07 - 21 MBytes (download)

sam, thierry blanchard, blanks.Después de darle al rock’n’roll y al blues, desde Francia non advierten de los peligros del mismo de forma divertida, al tiempo que combativa en favor de las licencias abiertas.

Terminamos anunciando cambios en C’mmons baby! a partir de la próxima emisión. Tras darle vueltas y consultarlo con Corso, coordinador de Ego99, haré lo que desde un principio me apetecía, locutar en galego. Sé que algunos pueden dejar de escucharlo, espero que no sea así; C’mmons baby! es un espacio para la música, y el idioma de difusión no lo veo tan importante, de hecho, yo escucho podcasts musicales en inglés y portugués, y no siempre entiendo todo lo que dicen los locutores, pero sí me gusta la música que pinchan, y así descubrí nuevos autores que de otro modo desconocería. Además, creo que para los castellano hablantes no debería ser demasiado complicado entender el galego, y lo mismo para algún portugués que caiga por aqui; considero así que lejos de cerrar puertas a la audiencia, lo que hago es abrirlas. En fin, espero que no os resulte muy traumático ;)

Y como guinda, otro de los descubrimientos del recopilatorio de Metawelle (SSL Vol. 1, donde ya encontramos a The Dots), son estadounidenses, se llaman Blanks., y con ellos inauguramos la sección “Uma faixa muito fixe!” donde iremos presentando canciones con alma de hit, de esas que te enganchan a la primera escucha.

  • Sam et Thierry Blanchard. Sur un chappy
  • Sam. Télécharger c'est illégal
  • Thierry Blanchard. Superstar
  • Blanks. Pouncer

C’mmons byebye!

Enlaces relacionados: Sam; Thierry Blanchard, en Jamendo; Les Grandes Roues; Jamendo; Blanks.; Endless Recordings; Metawelle.

 
c'mmons baby! #05 (rock & blues)
ictioscopio
  20, enero 2008 - 21:46 - 23 MBytes (download)

dr. frankenstein, mississippi alligators, the crevulators
Aún con la voz convaleciente después de la estupenda fiesta blogomilleira, donde common boy pinchó por primera y única vez en su vida. Traemos hoy un c'mmons baby! rockanrolero en conmemoración del pasado 8 de enero, septuagésimo tercer aniversario del nacimiento de Elvis Presley. Y también desvelamos el resultado del concurso de Odran Trummel que abríamos en el episodio anterior.

  • Dr. Frankenstein. Cat's eyes
  • The Crevulators. State of mine
  • Mississippi Alligators. Me enamoro fácilmente
  • Odran Trummel. The Dutchman
Enlaces relacionados: Dr. Frankenstein; The Crevulators, en myspace; Mississippi Alligators, en myspace; you are not stealing records; la mundial.net; odran trummel